top of page

Raianas (2011)

Gravado ao vivo no Multiusos de Mos o 31 de maio de 2011, Raianas é unha viaxe pola música de ambas as dúas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e na que soan temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez foi gravada en disco. O álbum céntrase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco, Que o pano non me namora. Nesta ocasión están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.

1. Voda na raia
2. Trubisqueira
3. Don Melitón
4. Cantiga do Apalpador
5. Tempos novos (María Magdalena)
6. Meninas vamos ao vira
7. Valsa de voda
8. Os peixinhos
9. Eu teño un canciño
10. Cásate ó prima
11. Coitada (María Magdalena)
12. Rumba de Carcacía
13. Pola rúa de San Pedro
14. Forró no escuro
15. Fui colher uma romã
16. Pirimpimpín
17. Aquí teño de cantare
18. O galo
19. Eau de Malvela (Carlos Blanco)

Do Fol, 2011
Dirección artística e produción musical: Uxía Senlle
Produción executiva: Fernando Luaces-Fol Música / Noa-NonSi
Técnico de gravación e masterización: Isaac Palacín
Mestura: Isaac Palacín, Ana Senlle e Uxía
Colaboracións: Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e María Magdalena.

Da miña xanela á túa (2007)

Gravado na primavera de 2007 nos estudos Casa de Tolos (Gondomar) coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, o traballo consta dun CD con 15 cancións, con temas como “O Trébol”, “A gota d´agua” ou “O Pirimpimpín”. Da miña xanela á túa inclúe tamén un DVD con dous videoclips, un documental, e un “como se fixo”. Nesta ocasión, entre os colaboradores de Malvela atopáronse Alfonso Franco, María Freiría, Sérgio Tannus, a charanga O Fiadeiro, Fernando Abreu, Oli Giráldez, Luís Caruncho, Augusto Canario, Lorenzo Suárez, Andrés Giráldez, o orfeón Treixadura, José M. Sanromán ou Viqui Pérez.

1. Que o pano non me namora
2. Dúas xanelas
3. María Rita
4. Pirimpimpín
5. O trébol de catro follas
6. A gota d'auga
7. Conanfrón
8. Meninas, vamos ao vira
9. Costureiriña
10. Muiñeira de Dorinda
11. Fadinho de Ti Mari Benta
12. Cantigas mariñeiras
13. Xoaquina en Armenteira
14. Amoriños
15. Que o pano non me namora

Pai Música, 2007
Técnicos de gravación: Segundo Grandío e Pablo Casal
Mestura: Segundo Grandío e Uxía Senlle
Produción artística: Segundo Grandío e Uxía Senlle
Coordinación de produción: Ana Senlle
Masterización: Segundo Grandío
Discográfica: Pai Música

Colaboracións: Alfonso Franco e María Freiría: violín en “O trébol de catro follas”. Sérgio Tannus: guitarra, cavaquinho e pandeiro brasileiro. Charanga “O Fiadeiro”: gaitas, clarinete, saxo, tambor, caixa, bombo e platillos en “Xoaquina en Armenteira”. Uxía Senlle: voz en “Meninas vamos ao vira”. Fernando Abreu: clarinete Baixo, alto e requinto. Oli Giráldez: requinta en “Dúas xanelas” e “Conanfrón”. Luís Caruncho: requinta en “Muiñeira de Dorinda” e coros en “A gota d´auga”. Augusto Canario: concertina, viola braguesa e cavaquinho. Lorenzo Suárez: contrabaixo. Cuarteto de corda (David Veiga, Victor Manuel Pérez, Isabel Abril e Begoña Riobó): en “Que o pano non me namora”. Andrés Giráldez: tambor en “A gota d´auga”. Orfeón “Treixadura”: voces en “Dúas xanelas”. José M. Sanromán (“Melenas”): gaita en “Muiñeira de Dorinda”. Viqui Pérez: cunchas, tarrañolas e culleres. Nen@s: voces en “O trébol de catro follas” (Nerea, Andrés, Carlos, Sara, Yaiza, Andrea, Silvia, Rocío, Paula, Nazaret, Antía, Sara, Lara, Manel, Rui, Carmela, Nuria, Irea, Telma, Leticia, Pablo, Patrick, Roi e Ali).​

O aghinaldo (2004)

Gravado nos meses de setembro e outubro nos estudos Casa de Tolos (Gondomar), o disco foi concibido e producido por Uxía Senlle. Ela mesma, xunto con Juan Eiras, foi quen sen encargou dos arranxos. Como noutras ocasións, Malvela tivo o privilexio de contar con invitados de luxo: Quim Farinha (Berrogüetto), Xaquín Xesteira “Xocas” (Treixadura), Fran Eiras (Irtio) e The Turre’s Band Torroso. O CD está adicado integramente aos cantos de Nadal: panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis que ranchos e rondallas popularizaron en todo o Val da Louriña e mesmo en Portugal.

1. Nadal en Mos
2. No pendello
3. Natal dos simples
4. Despedida de ano vello
5. Canto de Reises de Mosende
6. As Xaneiras
7. De vila en vila
8. Kikirikí
9. Chegaron a pé
10. Romance vello
11. Alerta pastores alerta

Que o pano non me namora (2002)

O primeiro disco de Malvela foi gravado nos estudos Casa de Tolos, en Gondomar, baixo a dirección artística de Uxía. As cantareiras de Mos debutaron con este álbum que inclúe 14 temas de natureza diversa, no tocante aos ritmos e aos contidos: folclore raiano, coma o malhão, e tamén galego, con foliadas, muiñeiras e cantos de traballo e de camiño, entre outros.

1. Aquí teño de cantar
2. Sete saias
3. A Maruxiña
4. San Fins
5. Oh, que linda rama
6. Estreliña do luceiro
7. Xota para Agolada
8. O cantar do arrieiro
9. Barciademera
10. Sachadeiras
11. Alborada de Severina
12. Fía na roca
13. Malhão de Bernardino
14. Sanguiñeda ten a sona

Pai Música, 2002
Dirección artística: Uxía
Produtor: Segundo Grandío
Colaboracións: Dorinda Álvarez: Voz en "Sanguiñeda ten a sona". Uxía Senlle: Voz en “Fía na Roca”. Toniño López: Bombo e tamboril. Bernardino: Voz recitada "Sete saias" e "Malh
ão de Bernardino". Moisés Quintas: Guitarra, low whistle e arranxos en "Estreliña do Luceiro". Segundo Grandío: Palmas en "Malhão de Bernardino". Cuarteto de corda "Ephimere" en "Sachadeiras": Rosita Gayoso, Mario Peris e Javier Escobar (violíns) e mais Isabel Figueroa (violonchelo).

 

Do Fol, 2011
Dirección artística e produción musical: Uxía Senlle
Produción executiva: Fernando Luaces-Fol Música / Noa-NonSi
Técnico de gravación e masterización: Isaac Palacín
Mestura: Isaac Palacín, Ana Senlle e Uxía
Colaboracións: Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e María Magdalena.

Pai Música, 2004
Dirección artística: Uxía
Produtor: Segundo Grandío
Colaboracións: The Turre's Band (sección de vento e percusión). Xaquín Xesteira “Xocas” (gaita e oboe). Quim Farinha (violín). Fran Eiras (guitarras). Uxía (voz).

Señora Carmen: Na flor dos meus anos (2007)

A máis veterana das compoñentes de Malvela editou un disco-libro-dvd en 2007. O cd contén 11 cancións nas que escoitamos o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco. Na flor dos meus anos conta con colaboracións da altura de Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e os membros de Treixadura, Berrogüetto e Malvela. O dvd inclúe un documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu día a día traballando no campo e aquelas noites nas que, ás agachadas, ía ao muíño a cantar, a súa gran paixón. O libro contén unha semblanza desta muller de 87 anos escrita por Fran Alonso.

1. Na flor dos meus anos
2. Valse de Pazos
3. Ramos verde
4. Canto de seitura
5. Asa de vento

6. Rosiña do mes de maio
7. É mentira
8. Y al amanecer se marcha el tren
9. Camiño da festa
10. Amor na cume
11. Maio longo

Pai Música, 2007
Produción artística: Segundo Grandío e Uxía
Músicos: Gustavo Domínguez (acordeón, zanfona e piano), Paulo Borges (piano acústico), Lorenzo Suárez (contrabaixo), Isaac Palacín (percusión), Anxo Pardo (tambor), Abilio Santos (adufe), Sérgio Tannus (guitarra, mandolina, udhú, e cavaquiño), Magoia Bodega (asubío e frauta de pico), Paulo Nogueira (pandeiro, ferriñas de pandeira e arpa de boca), Alfonso Franco (violín). Colaboracións: Cuarteto de corda "Cordas do Miñor": David Veiga (violín), Víctor Manuel Pérez (violonchelo), Isabel Abril (viola), Begoña Riobó (violín) / Fernando Abreu (clarinete), Nuria Freiría (bodram), Rodrigo Romaní (arpa), Xosé M. Budiño (low wisthle) / Uxía(voz), Ana Senlle (voz), Dulce Pontes (voz)

Entrevista e texto do libro: Fran Alonso

Gravación, realización e montaxe vídeo: Miguel de la Peña

Deseño, maquetación e fotografía: Cristina Brea Lodeiro)

 

bottom of page