top of page

Raianas

Malvela leva aos escenarios o espectáculo recollido ao vivo no seu último disco. O concerto preséntase nunha secuencia que procura diluír as fronteiras xeográficas, temporais e culturais demostrando que temos, galegos e portugueses, unha única orixe común. Todo este legado cultural desenvolve unha viaxe lúdico-musical polo repertorio máis raiano. Algúns deses temas son  "Sete saias", "Cásate, o prima", a versión de Padre Casares de "O Pirimpimpín" e "Voda na Raia", a que mellor representa o espíritu deste disco. Tamén se canta a alentejana "Gota d'água" e "Fui colher uma romã". Magín Blanco compuxo un himno titulado "Pola rúa de San Pedro" e Ana Senlle a "Cantiga do Apalpador".

bottom of page